As débedas de Ankarr cos traballadores van a xuízo

    XUIZO_ANKARR100.jpg PONTEVEDRA> Nalgúns casos a empresa adebeda ós empregados ata catro pagas e dous salarios, na actualidade nun ERE suspensivo.

    {flowplayer}images/salnes/XUIZO_ANKARR_220512.flv{/flowplayer}

    Nalgúns casos, a empresa adebédalles ata catro pagas e dous meses de salario, en torno a uns seis mil euros. Actualmente os traballadores atópanse nun ERE suspensivo e, coa axuda da CIG, loitan xudicialmente por cobrar este diñeiro antes de agosto, que é cando finaliza o expediente de regulación, xa que temen non atopar antes unha solución ó conflicto.

    Arestora hai 35 empregados afectados neste ERE suspensivo. Pero, ante a falta de interese pola marca, tanto dos antigos como dos novos propietarios, o que demandan é que lles fagan un ERE extintivo.

    Nesta xornada tamén se ía a celebrar un novo xuízo por despido dos traballadores de Conservas Guau, tamén asesorados pola CIG. A vista quedou suspendida ó entrar a empresa en concurso de acredores.

    Para a CIG esta nova é, dalgún xeito, positiva para os traballadores. Consideran que agora si terán un interlocutor válido, en referencia á administración concursal. Actualmente na plantilla de Guau quedan 22 empregados, segundo indicou a CIG.

    Redacción Salnés