Manuel Fernández desminte os rumores sobre as débedas cós veciños

    psoevilanova_100507__100.jpgVILANOVA > Durante estes días diversos medios de comunicación publicaron informacións nas que se aseguraba que…

    …o número dous dos socialistas de Vilanova, o avogado Manuel Fernández, tiña débedas acumuladas entre os veciños da vila. Hoxe, Fernández viuse obrigado a explicar a súa versión desta historia. O avogado Manuel Fernández, número dous do PSOE por Vilanova quixo dar a súa versión das informacións que están a difundir varios medios de comunicación. Conta o avogado que en outubro de 2005 o seu fillo e uns amigos pintaron e danaron unha maquina expendedora de Vilanova. Manuel Fernández asegura que falou co dono da máquina e que lle ofreceu unha saída. Se o comerciante lle presentaba ás pezas o avogado facíase cargo da factura.

    A partir de aquí é onde as versións do avogado e do comerciante toman distinto rumbo. Manuel Fernández afirma que meses despois de esta charla o comerciante presentoulle a factura sen as pezas. O comerciante, Luís Portas, asegura que Fernández pediulle as pezas catro meses despois de haberlle retirado a denucia ó seu fillo. Portas cualifica este xesto como “escusa de mal pagador”. Manuel Fernández tamén negou que manteña débedas cunha comunidade de 36 veciños como apuntan outras fontes.

    Xa no ámbito estrictamente político, o número dous afirmou que lle interpuxo unha quérella criminal por inxurias a Gonzalo Durán polas acusacións vertidas en público nun mitín hacia a súa persoa. Por último, o avogado afirma que nunca amosou interese por sumarse as filas do PP.

     Redacción Salnés