Multitudinario acto en honra á Virxe do Carme no Grove

O GROVE>  Día grande para gran parte dos pobos galegos. Os festexos en honra á Virxe do Carme percorren toda a comunidade. Especialmente entre aqueles municipios ligados ao mar no que se suceden as mostras de devoción. Un deles é o concello do Grove que hoxe honrou á patroa das súas festas máis importantes.

O 16 de xullo é unha data especial para a maioría de vilas costeiras de Galicia. Ao longo destas datas, son moitos os pobos que comezan as festas en honra á Virxe do Carme. Un deles é o concello do Grove que hoxe celebrou a misa en homenaxe á patroa dos mariñeiros.

Unha misa á que cada ano acuden decenas de persoas.

As festas do Carme teñen un significado que abarca moito máis que un simple festexo. É un día no que se suceden os actos devotos.

Nos próximos días terán lugar os actos máis importantes das festas dos diferentes pobos como as procesións polo mar.