O comerciante Luís Portas asegura que Manuel Fernández minte

    luisportas_110507__100.jpgVILANOVA > O comerciante de Vilanova. Luís Portas, asegura que o número dous da lista do PSOE, Manuel Fernández non dixo…

    …a verdade na rolda de prensa que deu onte para explicar ós medios a orixe das súas supostas débedas. O comerciante asegura que o que máis lle molestou de toda esta historia non son ós cartos senón a presunta falta de palabra de Fernández. Luís Portas mantén que a versión dos feitos que sostén o político socialista non é certa. Insiste en que o avogado minte e que os ‘nenos’ que pintaron a súa máquina teñen vintetantos anos. O comerciante recalca que si ben é certo que o avogado dixo que se faría cargo da factura…isto nunca ocorreu.

    Portas sinala que lle retirou a denuncia o fillo do avogado por petición deste pero que nunca recibiu o pago dunha factura que, segundo o comerciante, ascende a 600 euros. Onte o avogado asegurou que a factura nos se lle presentou ata pasados uns meses, sen embargo, Luís Portas sinala que isto tamén é falso. O comerciante recalca que Manuel Fernández pediulle as pezas meses despois da reparación cando xa era imposible presentar as pezas danadas. Portas denuncia unhas supostas ameazas do avogado socialista cara asúa persoa e cara o alcalde se facían públicas estas débedas. O suposto afectado cualificó aó avogado Manuel Fernández como a única “peza” deste caso.

    Redacción Salnés