Os nenos da Illa enchen as rúas da vila de alegría e tradición

    Como cada ano centos de cativos da Illa saíron as rúas da vila para ir pedindo, porta por porta, para “os defuntiños que xa van alá”. Non o perdan. Nin a choiva nin o vento conseguiu deslucir este día festivo na Illa de Arousa, para os máis pequenos da casa. O Día de todos os Santos ten un significado especial nesta localidade arousá. Centos de nenos do municipio saen as rúas para pedir cartos e chuches polos “defuntiños que xa van alá”, tal e como nos contaba Eva esta mañá… Unha tradición que en Arousa se celebraba hai anos, e que agora só perdura na Illa. Os rexedores de establecementos a pé de rúa ou os mesmos veciños xa teñen os aguinaldos preparados para estes pequenos, que nalgúns casos hasta rezan un Pai Noso. Pan, caramelos, castañas ou gusaniños, son só algúns dos premios que estes cativos recolleron ao longo de toda a mañá. A idade dos rapaces que participan nesta tradición é moi variada. Estes dous irmáns que aínda son moi pequenos para comprender o que pasa, aínda que a bo seguro nuns anos serán dous nenos máis que percorrerán as rúas da Illa. Xa ven, un día para o recordo dos que xa van alá, sen recordalos con tristeza ou bágoas.