Touriño respalda a León e defíneo como un ‘home entregado’

    VILAGARCÍA > Desembarco de autoridades na campaña electoral de Vilagarcía esta fin de semana. Os socialistas contaron co presidente da Xunta e secretario xeral do PSdeG, Emilio Pérez Touriño. Foi no mitin celebrado o sábado á noite no recinto feiral de Fexdega, para apoiar ó candidato á alcaldía vilagarciá, Enrique León.

    tourinoleon_300_140507.jpgO presidente da Xunta e secretario xeral do PSdeG, Emilio Pérez Touriño, respaldou neste arranque de campaña ó candidato socialista de Vilagarcía Enrique León. Touriño definiuno como un home entregado, á loita contra o narcotráfico, á protección da mocidade, pero tamén a construír unha gran cidade como Vilagarcía. O propio candidato afirmou ós presentes que ten un proxecto ilusionante pero realista porque está seguro de manter ó PSOE no goberno local. Neste proxecto, o PSOE vilagarcián conta co apoio expreso dos gobernos galego e central.

    O propio presidente da Xunta afirmou en Vilagarcía sentirse como na casa e falou dos proxectos que ten o goberno autonómico para a cidade: a variante, o acceso ó porto, a autovía, solo industrial, vivenda, educación e, sobre todo a protección da ría. O espazo que habitualmente ocupan os stands foi o sábado tomado polos adornos electorais do PSOE e por cincocentas cadeiras. O acto acabou cunha menos, xa que a piques de rematar o discurso de Touriño pasou isto.

    Redacción Salnés