O BNG de Catoira cre que ‘votar PP é igual que votar PSOE’

    mitinbngcatoira_nandocasal_100_140507.jpgCATOIRA > Os nacionalistas de Catoira están convencidos de que éste é o momento do cambio neste concello.

    Cren que en Catoira só hai dúas opcións: votar PSOE ou votar BNG, porque votar PP é seguir votando PSOE. Por iso piden que ninguén se bote atrás no último momento polas presións do actual goberno local e que tódolos veciños vaian votar o día 27 de xeito totalmente libre.

    Libres e ‘usando o corazón e a razón’. Así lles pediu o conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, ós catoireses que vaian votar o día 27. O conselleiro loubou a traxectoria de Nando e pediulle ós veciños un voto de confianza para amosar que é posible gobernar doutro xeito.

    mitinbngcatoira_nandosuarezcanal_300_140507__still_002.jpgCoa mesma esperanza se presenta a estas eleccións Nando Casal, quen fixo referencia á súa traxectoria artística e persoal coa que tanto se mete o actual alcalde e candidato do PSOE cando lle chama ‘vendedor de medicamentos’. ‘Ó mellor outras persoas que non teñen profesión e só se lles coñece o seu papel na política teñen algo que ocultar, pero eu me sinto moi afortunado de ser músico e farmacéutico, unha carreira moi difícil e digna’. O candidato aludiu ás ‘moitas mentiras’ do socialista e asegurou, nun mitin cargado de referencias literarias, que é o momento de ‘alborear’, de deixar paso a un novo día. Finalmente Nando Casal asegurou que só gobernará se ten o apoio do pobo e non haberá pactos de ningún tipo.

    Redacción Salnés