Máis de 100 galos de curral vendidos no mercado de Nadal de Meis

MEIS> Nestas datas tamén ten lugar o mercado de Nadal do galo de curral de Meis. As criadoras expuxeron en Mosteiro máis de 100 exemplares do seus mellores produtos. A calidade do xénero é un seguro para as vendas.

Os galos de curral de Meis non teñen nada que envexar aos de ningunha outra zona. Para dar mostra do seu produto, as criadoras celebraron o mercado de Nadal do galo de curral de Meis. Unha cita na que as vendedoras expuxeron os seus mellores polos.

O mercado celebrou en Mosteiro a súa oitava edición. As vendedoras puxeron á venda preto de 100 exemplares. Unha cifra de vendas que se multiplica por 4 nos días previos á feira.

O prezo non variou durante os últimos anos, 10 euros o quilo.

A calidade do produto fai que chefs tan prestixiosos como Yayo Daporta se acheguen ao mercado do galo de Meis.

O mercado celebrouse entre as 11 e as 17 horas. Ademais da feira tamén se levaron a cabo outras actividades como actuacións musicais, xogos para nenos e catas de degustación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí