SANXENXO> A extenista profesional e número 1 do mundo Arantxa Sánchez Vicario visitou este venres o colexio plurilingüe Florida de Sanxenxo. Alí os nenos e nenas fixéronlle unha entrevista con preguntas sobre as súa carreira, as claves do seu éxito e a súa profesión actual. A visita permitiu incentivar á rapazada a gozar e esforzarse no que desexen conseguir e para que as nenas vexan que os seus soños non teñen límites.
Arantxa Sánchez Vicario continúa en Sanxenxo debido á disputa dos torneos junior que amadriña. Entre as súas actividades, este venres visitou o colexio Plurilingüe de Florida de Sanxenxo onde os máis pequenos fixéronlle todo tipo de preguntas.
Os nenos e nenas preguntaron por cuestións como os seus inicios no tenis, as claves dos seus éxitos, os logros conseguidos e as súas ocupacións actuais. Pero unha das preguntas destacou sobre o resto, a importancia como muller de ser unha pioneira no país. As contestación de Arantxa permitiron amosarlle ás nenas que non existe límites para os seus soños.
Dende o centro destacan a importancia de recibir nunha escola pública como o CEIP Plurilingüe de Florida a unha número un do mundo de Arancha Sánchez Vicario. Para os nenos e nenas é un exemplo de que para conseguir algo na vida hai que gozalo e esforzarse.
E todas estas respostas que deu Arantxa non sería posible sen a importante labor de información que realizou todo o alumnado do centro.
A xornada rematou coa agasallo por parte do centro do libro “Sanxenxo nas raíces do mar”. Coa curiosidade de que a extenista levarase o agasallo xustamente a Florida, lugar onde reside. Trala entrevista os nenos e nenas puideron gozar con Arantxa Sánches Vicario que rematou firmando autógrafos e fotografándose con todo o alumnado.