En marcha a rexeneración da mina de Trema, entre Valga e Catoira, un lugar con potencial medioambiental

VALGA>  Entre os concellos de Valga e Catoira están a recupera-lo espazo mineiro de Trema. Trátase dunha explotación de arxila que leva máis de dez anos abandonada e onde nos últimos tempos proliferaron as verteduras incontroladas. Agora, grazas a fondos europeos do plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do goberno central. Ademais da plantación de árbores, unha das prioridades é mellora-la seguridade na zona, onde hai grandes desniveis.

Ata hai pouco máis de dez anos desta mina, situada entre Valga e Catoira, extraíse arxila. Coa creba da empresa, o oco que deixou encheuse de auga, pero deixando incompleta a súa rexeneración. Uns traballos que se están acometendo agora con fondos europeos do plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do goberno central.

Explican que o reforzo da seguridade é fundamental, polos desniveis do terreo que supoñen un perigo para aquelas persoas que saian camiñar por esta zona de monte. A diferencia doutras lagoas recupedas na zona, neste caso non terá un fin lúdico, pero si potencial medioambiental.

Os alcaldes agardan que con esta actuación a xente deixe de botar refugallos nesta zona. Confían tamén no seu atractivo medioambiental.

Ademais, os rexedores cren que a lagoa ofrece outras opcións. Propoñen, por exemplo, que poida ser un recursos do que botar man en caso de incendio.

Ademais do peche das zonas máis perigosas, na contorna vanse plantar un cento de exemplares de especies autóctonas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí