A cidade deportiva de Sanxenxo está cada vez máis preto

    deporte_sanxenxo_150507__100.jpgSANXENXO > A candidata do PP á alcaldía de Sanxenxo, Catalina González Bea, falounos da futura cidade deportiva. Unha actuación…

    …que ten dúas partes, por un lado a inminente construcción de dous campos de fútbol que se verá complementados cun proxecto que contempla unha zona con pistas polideportivas e que converterase nun nexo entre Sanxenxo, Padriñán e Nantes.

    Sanxenxo contará con novas infraestructuras no ámbito deportivo. A candidata do PP á alcaldía de Sanxenxo amosounos as obras que puxo en marcha ó Concello e que dotaran á vila de dous campo de fútbol, gradas cunha capacidade para 750 espectadores no campo principal,cafetería e terraza entre outras equipacións. Na segunda anualidade tamén se inclúe, entre outras actuacións, a construcción dun aparcamento.

    Pero o espacio destinado en Sanxenxo para ás actividades sociais e deportivas non se queda nestes 30.000 metros cadrados senón que ascende a máis de 70.000 metros cadrados. A meta e acadar un gran espazo en concello que se converta no pulmón social e deportivo de Sanxenxo. O centro de ocio municipal de Sanxenxo albergará aulas e talleres que servirán de punto de encontra para a mocidade da vila. As pistas de pádel, skate ou atletismo completarán esta aposta polo deporte que se fai dende o Concello.

     Redacción Salnés