A Xunta apoiará con 9 millóns de euros a quen se faga con Alfageme

    conselleiro_industria_alfagemecopy.jpgCALDAS> O anunciou o Conselleiro de Industria tralo encontro que mantivo cos sindicatos para reiteralo seu apoio ó futuro da fábrica.

    {flowplayer}images/salnes/CONSELLEIRO_ALFAGEME_220212.flv{/flowplayer}

    O Conselleiro de Economía e Industria, reuniuse esta mañá en Caldas de Reis cos sindicatos, unha vez máis, para abordalo conflito de Alfageme.

    O compromiso da Xunta de Galicia por dar viabilidade ó proxecto de Alfageme e por efectualo pago dos avais é firme desde o primeiro momento. Esta foi a mensaxe que o Conselleiro de Industria quixo transmitir esta mañá tanto a sindicatos coma ós medios de comunicación. O problema radica, reiterou, en que mentres que a resolución do recurso presentado polos antigos propietarios non sexa firme a administración non se pode facer cargo.

    Neste senso, Javier Guerra pediu ós implicados, administradores concursais e entidades financeiras, que poñan da súa parte para resolvelo conflito canto antes e evitala liquidación das fábricas de Ribadumia e Vilaxoán. Así mesmo, o Conselleiro anunciou que apoiará con nove millóns de euros á empresa que, cun plan solvente, se faga cargo da conserveira.

    Para conseguir ese obxectivo, Guerra indicou que non cesará nas negociacións aínda que se amosou preocupado ante a resolución do conflito. Pola súa banda, os sindicatos consideran que a solución é cuestión de vontade política.

    Redacción Salnés