Bello Maneiro delega competencias nos 9 edís do seu equipo

alcaldevalga100_030707.jpgVALGA > O alcalde, José María Bello Maneiro, deu a coñecer onte en pleno a composición do seu equipo de goberno.

O alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, distribúe as áreas de goberno entre os nove concelleiros do seu grupo. Román Castro, primeiro tenente de alcalde, continúa á fronte da concellería de Obras, Urbanismo e Servizos. A segunda tenente de alcalde será Mari Carmen Castiñeiras, que volve a encargarse de Cultura, e a maiores de Emigración, departamento de nova creación. José Ángel Souto, terceiro tenente de alcalde repite con Contas, Economía, Facenda e Patrimonio. Manuel Ferreiro levará Protección Civil, Seguridade e Interior, Ramona Otero Educación, Formación e Emprego e Juan Bautista Potel Industria, Medio Ambiente e Turismo.

As caras novas deste equipo de goberno son Jorge Fresco, que será 4º tenente de alcalde e levará Deportes e Xuventude; Carmen Gómez, que será edil de Muller, Igualdade e Desenvolvemento Rural, este último é novo; e Peregrina Abril, de Sanidade, Servizos Sociais e Terceira Idade. Así se informou no pleno extraordinario celebrado onte, no que ademais se aprobaron dúas concellerías liberadas, a do alcalde, que cobrará 1.900 euros ó mes, e a da edil de Cultura, que cobrará 900 euros mensuais. Tamén se constituíron 4 comisións informativas nas que terá presencia a oposición.

Redacción Salnés