Pedro Piñeiro: ‘Estou a pasar os peores momentos como alcalde’

    rianxo_copia100.jpgRIBADUMIA> O alcalde de Rianxo mostrou, no programa Pleno Aberto, a súa preocupación pola posible inhabilitación debida á suposta licenza ilegal do taller de pedra.

    {flowplayer}images/salnes/ALCALDE_RIANXO.flv{/flowplayer}

    Pedro Piñeiro accedeu á alcaldía en maio de 1991 trala renuncia de Xosé Bravo Frieiro. Despois de 19 anos ó fronte do consistorio de Rianxo, o socialista non se vai volver presentar ás eleccións do 2011. Dende 2007 o PSOE conta con maioría absoluta. O alcalde afirmou que vai pechar esta etapa, e que con 65 anos xa é hora de xubilarse. Piñeiro asegurou que politicamente está moi contento cos veciños, dos que recibiu apoio en todo momento.

    O alcalde sinalou que, neste período de rexedor, está a pasar un dos peores momentos. A fiscalía pediu 16 anos de inhabilitación para Piñeiro por prevaricación, ó conceder unha licenza ilegal ó taller de pedra Ramos. Os feitos se remontar ó 200, cando a comisión de goberno formada por María Resúa, José Vicente Carou, Jesús Piñeiro, Santiago Fernández e o propio alcalde, autorizaron o levantamento do negocio en chan non urbanizable. Dúas sentenzas, concluíron que era ilegal e ordenaron o seu derrube. Pedro Piñeiro espera que non se celebre o xuízo e pero que se se leva a cabo irá coa conciencia tranquila.

    Piñeiro manifestou que os informes que pose sobre a licenza non recollen visos de ilegalidade, e engadiu que se se aprobou o iniciou de actividade será que todo estaba correcto.

    O alcalde asegurou que confía nos técnicos que elaboraron os informes para a licenza e nos políticos que nese momento tomaron a decisión.

    Redacción Salnés