Unha placa e un busto lembrarán a figura de María Mariño en Noia

mariamario_100_180507.jpgBARBANZA > As comarcas do Barbanza e Muros-Noia volcáronse na celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano a María Mariño.

A escritora naceu en Noia e residiu gran parte da súa vida en Boiro, polo que ámbolos dous concellos teñen especial relevancia na súa traxectoria vital e poética.

Un século despois da súa chegada ó mundo en Noia, a vila que a viu nacer rendeu unha merecida homenaxe a María Mariño. Centros de persoas, entre elas as sobriñas da escritora, Maite Martín Barrenechea e Teresa García Mariño, asisitron ós actos consistentes no descubrimento dunha placa conmemorativa na Rúa Cega, onde nacera, e dun busto da escultora Soledad Penalta na alameda.

O encargado de presidi-los actos foi o rexedor local, Antonio Pérez Insua, quen destacou o papel clave de María Mariño na literatura galega e lembrou tamén a figura de Antón Avilés de Taramancos, a que se lle adicaron as Letras Galegas en 2003.

Previamente, tivo lugar unha recpeción oficial no Coliseo Noela, onde os asistentes puideron visitar a exposición ‘María Mariño; Cantiga da Costureira Poeta’ de Alfonso Costa e Xosé Agrelo. A xornada chegou á súa fin coa presentación dunha biografía dedicada á escritora, ‘Retrato dunha vida’, dos autores Xerardo Agrafoxo e Suso Xogaina.

Recital poético

En Boiro, tamén se sucederon unha serie de actos conmemorativos, organizados polo concello e a asociación cultural Barbantia. Ademais dunha semblanza sobre a figura de María Mariño e as súas relacións co Boiro, durante os anos que residiu no Pazo de Goiáns, celebrouse un recital poético a cargo da escritra Eva Veiga con música de Fito Ares e Bernardo Martínez.

Redacción Barbanza