O PP de Vilagarcía pide o cese da concelleira Paola María ‘por mentir’ coa xestión dos fondos Edusi

VILAGARCÍA> O PP de Vilagarcía pide o cese da Concelleira de Urbanismo pola súa xestión dos fondos Edusi. Dende o PP acusan a Paola María de mentir. Indican que logo de preguntarlle ao goberno central pola xestión  destes fondos, comprobaron que Vilagarcía só xestionou 3,4 millóns dos máis de 6 que tiña aprobados; e non 4,1, como afirmou a concelleira no pleno de setembro.

Os populares lamentan a oportunidade perdida polo goberno local porque, din, eses 2,8 millóns poderían terse investido en proxectos precisos para o municipio.

Ademais, dende o PP explican que o documento trasladado polo goberno central pon de manifesto outras mentiras da edil. Indican, por exemplo, que non é certo que os proxectos da piscina, o pavillón de Fontecarmoa ou do acceso de Matosinhos estiveses debidamente xustificados, como tería indicado a socialista. Calculan que entre os tres, o concello vai perder uns 260.000 euros, que agora haberá que asumir con fondos propios.