Caride compromete o máximo apoio da Xunta ó concello de Rianxo

    mariaxosecarideenrianxo_100_210507.jpgRIANXO > A Conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride, desprazouse ata Rianxo para arroupar a candidatura encabezada por Pedro Piñeiro.

    Numerosos militantes e simpatizantes do Partido Socialista déronse cita na Casa da Cultura Cuartel Vello de Rianxo para coñece-las propostas electorais desta fomración. Como convidada especial asistiu a Conselleira de Política Territorial, Marái Xosé Caride, que expresou o máximo apoio e compromiso da Xunta de Galicia con Rianxo. 

    A representante autonómica louvou a xestión desenvolvida polos sucesivos gobernos socialistas que ostentan a alcaldía de Rianxo dende hai 28 anos, incluso en momentos difíciles nos que non contaron co apoio doutras administracións. Segundo Caride, a chegada dos socialistas ó goberno autonómico fixo mudar esta situación abrindo un periodo de progreso para Rianxo que seguirá a avanzar nos vindeiros anos.

    PXOM

    Ademais do apoio técnico e económico para o desenvolvemento do PXOM, María Xosé Caride destacou outros compormisoso da Xunta con Rianxo como a autovía do Barbanza, xa en marcha, a ordenación do porto de xeito que se compatibilice a actividade pesqueira coa deportiva ou a rexeneración da franxa litoral.

    Durante a súa intervención, Pedro Piñeiro referiuse tamén á necesidade de reordenar a zona porturia, dotando de infraestruturas dignas ós profesionais do mar, sector clave na economía rianxeira. O actual alcalde sinalou tamén outras actuacións como a ampliación e mellora da EDAR, que xa foi adxudicada, a necesidade de dotar dos servizos báiscos de saneamento e augas a tódolos núcleos do municipio ou a creación de chan industrial.

    Segundo Piñeiro, moitas das iniciativas promovidas polo goberno local non se puideron levar a cabo debido á falta de apoio por parte da Xunta de Galicia, durante os 16 anos de goberno do PP. Agora, dixo, é o ‘momento de que Rianxo medre e vaia a máis, co apoio da administración autonómica’.

    Ademais da aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, o programa dos socialistas rianxeiros recolle varias medidas para a conservación do patrimonio arquitectónico do municipio como a creación de plans especiais de mellora para os núcleos rurais tradicionais e un área de rehabilitación integral.

    Redacción Barbanza