Manuel Vázquez: ‘somos os únicos que podemos garantir a singularidade’

    mitinpsoeilla100_230507.jpgA ILLA > O candidato do PSOE, Manuel Vázquez, afirmou que os socialistas son os ‘únicos que podemos garantir a singularidade

    … para a Illa’

    mitinpsoeilla200_230507.jpgNo cine Capitol, o PSOE celebrou onte o seu mitin central co respaldo do conselleiro da Presidencia, José Luís Méndez Romeu. Os socialistas tamén falaron da Lei de Protección do Litoral, pero aquí, o candidato Manuel Vázquez quixo deixar unha cousa clara: ‘somos os únicos que podemos garantir a singularidade para A Illa de Arousa’.

    Así de contundente se amosou Manuel Vázquez, que aspira a seguir no goberno municipal outros catro anos máis, pero espera que desta sexa xa con maioría absoluta. No mitin de onte contou co respaldo do conselleiro de Presidencia, José Luís Méndez Romeu, quen tamén afondou na necesidade desa maioría.

    O PSOE repasou os seus compromisos electorais, como o centro de saúde, centro de día, gardería, vivenda social, aparcamentos soterrados, e a humanización do casco urbano. O candidato tamén nomeou a súa aposta polo obradoiro de emprego, a construcción de gradas e alumeado nos campos da Bouza e Testos, ou o tratamento de augas. Proxectos para os que recibiu o apoio dos gobernos central e autonómico.

    Redacción Salnés