VILANOVA> O colexio de Sestelo-Baión, en Vilanova, contará cun novo espazo multifuncional para as actividades deportivas e de lecer. Esta mañá o Conselleiro de Educación presentou o proxecto, que conta cun investimento de 675.000 euros. A obra vén dar resposta á necesidade da comunidade educativa de contar cuns espazos renovados para as clases de Educación Física, así como para outros eventos. A previsión é que o proxecto se execute ao longo de 2025.
O colexio de Sestelo-Baión contará cun novo espazo multifuncional para as actividades deportivas e de lecer. Trátase dunha contrución a dobre altura, onde se poderá desenvolver a práctica deportiva ao tempo que se crea un espazo multidiciplinar.
Esta mañá presentou o proxecto no propio colexio o Concelleiro de Educación. Apuntou que o previsto inicialmente non se puido levar a cabo por cuestións técnicas do terreo, polo que a Xunta decidiu buscar unha alternativa.
Para esta actuación investiranse preto de 675.000€ e está previsto que a obra se realice no vindeiro 2025.
Uns traballos que, en principio, serán compatibles coa actividade docente.
Ao mesmo tempo, unha vez posto en marcha o novo espazo, procederase á renaturalización desta pisque que, nestes momentos, ten risco de afundir e onde a rapazada xa non pode acceder. O plan é afianzar o terreo e convertelo en zona verde.