Benito González toma posesión como patrón maior de Cambados o día 7

    confraria_cambados100.jpgCAMBADOS> Benito González tomará posesión como patrón maior da Confraría de Cambados o vindeiro día 7 de febreiro.

    Benito González foi elixido de novo patrón maior da Confraría de Cambados. O sábado foi a toma de posesión da Xunta Xeral, e nela obtivo o apoio de 16 dos 24 vocais electos. Esta é a terceira vez consecutiva que González se fai co mando no pósito cambadés. Sen embargo, non tomará posesión ata o 7 de febreiro e será cando comunicará ós seus socios as liñas do seu novo proxecto.

    Na constitución da Xunta Xeral tamén foi elixido vicepatrón primeiro Francisco Miser, quen xa formaba parte do equipo de Benito González no anterior mandato. No cabido estará ademais Jesús José Oubiña Piñeiro, que se presentou na lista dos mariscadores de a flote. Deste xeito está apiques de remata reste proceso electoral, quen on estivo exento de polémica, trala impugnación presentada pola candidatura de Manuel Costa. A petición foi desestimada pola Consellería de Pesca.

    Redacción Salnés