VILAGARCÍA> Concello e Autoridade Portuaria de Vilagarcía asinan un convenio para a cesión dunha nave do porto próxima ao club de vela. A cesión terá un canon de 1500 euros anuais durante unha década por unha pequena parte que será empregada pola fundación de deportes da vila, o resto da instalación estará destinado a entidades deportivas con preferencia para o club de piragüismo. O concello tamén ten preparado un proxecto cun orzamento de 100 mil euros para renovar por completo a nave.
A boa sintonía entre o concello e o porto de Vilagarcía continúa reflexándose en novos acordos entre as dúas entidades. Desta volta, ambas partes asinaron un convenio de colaboración mediante o cal o porto cede ao concello unha das naves próximas ao club de vela para convertela nunha escola de deportes náuticos.
A concesión é de 1500 euros por só unha parte da nave que será empregada pola fundación de deportes para xestionar o seu uso, o resto da instalación é gratis.
O concello xa ten preparado un proxecto cun orzamento de 100 mil euros para renovar por completo a nave
A nova escola poderá ser utilizada por todas aquelas entidades que se dediquen a deportes náuticos, pero a preferencia será para o club de piragüismo que terá alí a súa sede. Na zona onde están as antigas instalacións do club xunto con outros locais sen uso, a autoridade portuaria esta redactando un proxecto para derrubar as edificacións e acondicionar a zona para o uso e goce da veciñanza.