O mal tempo empaña o arranque da Semana Santa nas Rías Baixas

SANXENXO> O mal tempo empaña o arranque da Semana Santa nas Rías Baixas. Con todo, as previsión para o turismo son boas, máis aínda cando se agarda unha melloría do tempo para os días clave. En Sanxenxo, o sector conta con supera-lo 75% de ocupación, agardando aínda polas reservas de última hora, moi habituais nesta campaña.

Chuvia e vento nas primeiras horas das vacacións da Semana Santa. Hoxe comezan oficialmente para moitos, pero o mal tempo foi o protagonista nunha xornada desapracible e propia do inverno. En Sanxenxo, así e todo, as previsións son boas. Máis aínda agardando unha melloría do tempo para os días clave. E a mellora das condicións meteorolóxicas, confían no sector, traducirase nun incremento das reservas de última hora, moi habituais nesta campaña. A previsión en canto a ocupación tamén pinta ben.

En Sanxenxo, estarán abertos nesta Semana Santa o 80% dos establecementos hoteleiros. Uns datos que non se rexistraban na vila dende antes da pandemia.

Pero, agora mesmo, o que condiciona a campaña é a escalada de prezos a consecuencia da guerra de Ucraína e a crise enerxética. No sector aínda non sufren o impacto en canto a reservas e optan por mante-los prezos.

Dentro do sector, o que máis están a notar é o incremento do prezo da luz e do gas, tendo en conta, ademais, que nesta campaña as calefaccións aínda terán que estar acesas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí