Denuncian o mal estado do antigo balneario de Vilagarcía e o perigo das persoas que pernoctan no seu interior

VILAGARCIA> Veciños de Vilagarcía piden medidas ao concello ante a situación do antigo balneario da vila. As súas reclamacións xiran en torno a dúas cuestións: que se protexa ás persoas sen fogar que viven na instalación e que se restaure o edificio.

Dende hai decenas de anos, o vello balneario de Vilagarcía está abandonado. Unha instalación a pé de praia e que é propiedade do concello. No seu interior residen persoas sen teito, a pesar do perigoso estado no que se atopa o edificio. A veciñanza denuncia situación na que se atopa.

As súas reivindicacións xiran en torno a dúas cuestións que consideran que están ligadas: o coidado das persoas que residen na instalación e a renovación do edificio.

A veciñanza tamén denuncia o deixamento do goberno de Vilagarcía. Que ante as súas denuncias só reciben a respostas de que se fan reparacións na instalación de forma periódica.

Por iso piden medidas que protexan ás persoas que residen na instalación e que permitan aos vilagarciáns aproveitar un edificio situado nunha zona privilexiada.

A veciñanza considera que todos os concellos deberían actuar en conxunto para elaborar un plan no que se protexa e se dea unha nova oportunidade ás persoas que se atopan sen fogar. De esta forma evitarían que os sen teito se movan dun concello a outro segundo os espazos nos que se poidan resgardar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí