VILAGARCÍA> A sala Antón Rivas Briones de Vilagarcía inaugura a exposición “A irlanda de Plácido Castro”. O obxectivo desta mostra é divulgar o relato literario e fotográfico da viaxe do escrito galego a Irlanda. Ao acto acudiu a embaixadora irlandesa en España para promover a proximidade entre o seu país e Galicia.
A fundación Plácido Castro inaugurou na sala de Exposición Rivas Briones de Vilagarcía a exposición “A irlanda de Plácido Castro”. A mostra está composta polo relato literario e fotográfico dos viaxes do escritor galego a Irlanda.
A xeración de Plácido Castro sentía un gran interese por Irlanda. Moitos lingüistas da época escribiron sobre as semellanzas entre ambas rexións pero Plácido Castro foi o único que viaxou á illa británica.
No acto tamén estivo presente a embaixadora irlandesa en España que destacou a labor de Plácido Castro no seu país.
Dende o concello mostraron a súa satisfacción por poder acoller a exposición tan valiosa sobre a obra de Plácido Castro.
A exposición completarase cun seminario o día 25 para afondar sobre a viaxe do escritor a Irlanda.