Os pensionistas do Barbanza unen forzas pola revisión do Pacto de Toledo

RIANXO> Os pensionistas do Barbanza déronse cita este mediodía en Rianxo. Reclaman unha revisión do Pacto de Toledo, de xeito que se garanta o sistema público de pensións e se actualicen de acordo á suba do IPC. Ademais das concentracións que realizan semanalmente en cada un dos catro concellos, as plataformas de pensionistas do Barbanza manifestáronse esta mañá en Rianxo, coincidindo coa convocatoria estatal de MODEPEN. Non reclaman nada novo: insisten en que se garantan as pensións, se actualicen de acordo co IPC e se revise o pacto de Toledo. Precisamente, este mércores terá lugar unha nova xuntanza da comisión do pacto de Toledo,  aínda que son poucas as expectativas dos pensionistas que levan meses saíndo á rúa para facerse escoitar.