200 persoas daránse cita na Arousa Party que durará ata o domingo

    party_010607__100.jpgVILAGARCIA > La Arousa Party arrancou hoxe no Auditorio de Vilagarcía. Esperáse que cerca de douscentas persoas…

    …participen nesta segunda edición desta festa. 72 horas ininterrumpidas onde o que prima é o bo ambiente entre os partcipantes e claro…os ordenadores. Charlas sobre novas tecnoloxías, zonas de descanso e torneos interminables son algúns dos ingredientes desta cita. Son de Vilagarcía, de A Coruñá e ata de Murcia…e veñen dispostos a levarse un bo recordo desta segunda edición de Arousa Party. Aquí poderán encontrar ordenadores de tódolos tamaños pero non se acomplexen, aqui o tamaño non importa.

    Eso si, pode axudar a gañar añgún dos concursos que se celebran entre os asitentes a esta cita que pretende converterse nun referente. Aquí o que prima son o compañerismo e o bo ambiente. A asociación de internautas das Rías Baixas, Airbag, organiza este evento que conta coa axuda da Deputación de Pontevedra, do Concello de Vilagarcía e de Telefónica, ésta última encargase de conectar ós internautas de forma gratuita.

    Tres días para aprender, participar e coñecer xente cunha mesma paixón…o ciberespacio.

    Redacción Salnés