Saída do armario conxunta no Castro Alobre a prol de visibilizar o colectivo LGTBIQ+

VILAGARCIA> No instituto Castro Alobre de Vilagarcía organizaron hoxe unha saída do armario conxunta. A iniciativa busca visibilizar o colectivo LGTBIQ+ a prol da tolerancia e o respecto entre o alumnado. Está impulsada polo Grupo de Diversidades afectivo sexuais do centro, dende o que lamentan que a día de hoxe os episodios de acoso ou discriminación seguen a ser unha realidade nas aulas.

Hoxe no instituto Castro Alobre de Vilagarcía todo o mundo que quixo puido saír do armario. Un xeito de apoiar ao colectivo LGTBIQ+ nunhas idades especialmente complicadas.

Pois si, un xeito divertido e moi animado para visibiliza-lo colectivo, ao tempo que se reivindica a diversidade afectivo sexual.

Pero o certo é que as actitudes lgtbifóbicas nunca abandonaron os centros educativos. A rapazada cóntannos que a día de hoxe seguen tendo que aturar burlas, insultos ou acoso.

Para loitar contra esas actitudes, dende hai xa seis anos traballa no Castro Alobre o Grupo de Diversidades afectivo sexuais. Dende a comunidade educativa celebran o interese do alumnado implicado.

Paloma aproveita tamén para reivindicar que a Xunta tome en serio o asunto.

Porque, engade, nestes momentos é o profesorado de xeito voluntario o que se encarga de liderar este tipo de iniciativas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí