O presidente da Volta a España, Javier Guillén, homenaxea ao Arosa

VILAGARCIA> Continúan as homenaxes ao Arosa polo seu ascenso. O presidente da Volta a España, Javier Guillén, tamén quixo agasallar ao equipo arlequinado polo seu logro. Tamén tiveron un detalle co seleccionador arosita Rafa Saez, como fiel seguidor do ciclismo.

O pasado 20 de xuño, o Arosa conseguía o tan ansiado ascenso á segunda federación grazas á súa vitoria fronte ao Somozas. Dende entón, as homenaxes sucedéronse por toda Vilagarcía. Pero desta volta, o recoñecemento chega dunha competición de nivel nacional. O presidente da Volta a España, Javier Guillén, agasallou ao club polo seu éxito, e especialmente ao seu adestrador, Rafa Saez, pola súa paixón polo ciclismo.

O adestrador agradeceu o agasallo recibido e demostrou os seus coñecementos sobre o ciclismo analizando as etapas da Volta a España que transcorren polo Salnés.

Ademais do maiot a Rafa Saez, Javier Guillén tamén agasallou ao club con dúas invitación de seguimento de carreira para a etapa que parte dende Sanxenxo.

Os agasallos tamén chegaron por parte do Arosa. Manolo Abalo entregou a Guillén unha escultura con forma de ciclista como mostra de agradecemento por visitar a Lomba e ter un detalle co club.