A Xunta inaugura o novo colexio Cruceiro de Vilalonga como exemplo ‘da educación do futuro’

SANXENXO> O novo colexio CEIP Plurilingüe Cruceiro de Sanxenxo xa esta completamente rematado e equipado. O presidente da Xunta visitou esta mañá as novas instalacións do colexio de Vilalonga que tiveron un custo de 4,5 millóns de euros. O espazo conta con diversas e amplas aulas para dar cabida a 450 alumnos.

O novo curso que está a punto de comezar será diferente para o alumnado do CEIP Plurilingüe Cruceiro de Sanxenxo. O colexio de Vilalonga cambia de localización é múdase ao Revel. Nunhas novas instalacións más amplas e con mellores accesos seguindo a liña da nova arquitectura pedagóxica. O novo Cruceiro é froito dun investimento de 4,5 millóns de euros.

O novo centro escolar terá capacidade para 450 alumnos, o dobre dos 211 que comezarán o curso, deste xeito estará capacitado para dar cabida a máis estudantes no futuro.

O colexio ten un terreo dunha hectárea e conta con todos os servizos e comodidades do alumnado e da comunidade educativa.

Con novo Cruceiro satisfáise unha das grandes demandas da veciñanza de Vilalonga e da concelleira Paz Lago, segundo o alcalde, quen máis loitou por este centro.

O novo colexio non só conta con todos os espazos e modernidades necesarias para garantir unha educación de calidade, se non que ademais está situado no Revel. Nunha urbanización que o concello está humanizando por completo para mellorar aínda máis a comodidade do alumnado, as nais e pais e os mestres.