A POBRA> A Pobra prepárase para unha fin de semana máxica nos días previos a Noiteboa. Ademais da visita de Papá Noel, os pobrenses disfrutarán das actuacións de varios coros que amenizarán os principais recunchos da vila con panxoliñas.
Os cativos da Pobra teñen mañá unha cita con papá Noel que estará no mercado de Nadal entre as seis da tarde e as nove da noite para recoller as cartas dos máis rezagados.
Ademais da animación musical de rúa prevista con estes coros, os maiores terán unha sesión especial de Tardes de Baile o sábado 23 no centro sociocomunitario.