BOIRO> O hall da casa consistorial quedouse pequeno para acoller o acto institucional organizado dende o Concello para conmemorar hoxe o Dia Internacional da Muller.
A edición deste ano tivo coma protagonistas especiais ás mulleres da Cruz Vermella, encargadas ademais de ler o manifesto no que se incidía na necesidade de que a igualdade alcance tódolos ámbitos da sociedade.
Tamén tomaron parte no acto o concelleiro de Política Social, Raúl Treus, e o alcalde, Xosé Ramón Romero.
Os dous destacaron o papel das mulleres ó longo da historia, recoñecéndolles o seu labor, e incidindo na necesidade de seguir reivindicando a súa figura no futuro co fin de conseguir unha sociedade máis igualitaria e máis xusta.
O acto contou ademais coa nota musical do grupo ‘Seica’, formación xurdida da escola de música municipal.











