Caixanova e AEMPE renovan a súa colaboración

    caxanova_aempe100_050607.jpgPONTEVEDRA > A Asociación de Empresarios de Pontevedra AEMPE renovou o seu convenio de colaboración coa entidade Caixanova

    … Deste xeito, as pemes pontevedresas beneficiaranse de condicións financeiras vantaxosas. Pero ademais, o colectivo recibe respaldo nas súas actividades de formación, asesoramento e promoción comercial e industrial.

    Caixanova ofrece condicións financeiras vantaxosas ás pequenas e medianas empresas de Pontevedra, grazas ó novo convenio asinado con AEMPE. Os case 500 socios deste colectivo terán á súa disposición liñas de financiamento a curto prazo con cotas de crédito a un ou dous anos, préstamos a medio prazo para reformas de negocios, e a longo prazo para a compra de novas instalacións.

    Á parte do convenio financeiro, AEMPE e Caixanova colaborarán para impulsar e desenvolver iniciativas de dinamización económica con actividades de promoción e formación empresarial.

    Redacción Salnés