Vilanova porá o mundo á danzar

    VILANOVA> Douscentos artistas de Chile, México, Taiwan e Yakutia subirán ó escenario de O Mundo a Danzar, un espectáculo que nace dun proxecto común entre Portugal e Galicia, e que recala en Vilanova o vindeiro 5 de agosto. Esta mañá presentouse no concello villanovés. Vilanova recupera as danzas tradicionais do mundo que durante anos atraían a multitudes á vila coa Romaría Internacional. O espíritu da proposta regresa ó concello aínda que con outro nome: O mundo a danzar. Vilanova adheríuse este ano á asociación que organiza este espectáculo itinerante que, de Portugal traspasa a fronteira a Galicia. A caravana de artistas chegará o 5 de agosto a Vilanova, cun cartel conformado por grupos de Chile, México, Taiwan e Yakutia. Esta mañá presentouse o evento no concello de Vilanova. Ó acto tamén asistiron o Director de O Mundo a Danzar, o portugués Ventura Rodríguez, e un dos responsable da existencia do espectáculo, o director artístico do festival do Folclore de Ourense, Xulio Fernández. Desde o concello destacaron que os grupos que participan son dunha calidade artística excepcional. Acompañando ós bailes haberá música en directo, e un espectáculo de luz e son. As actividades do Mundo a Danzar serán no Xardín Umbrío e con entrada gratuita. O espectáculo é a estrela do programa “Sonatas de Verán 2017” que engloba as actividades culturais para esta tempada estivla no concello vilanovés.