‘Marieta’ é o novo albariño de Martín Códax

    marietacopy.jpgCAMBADOS> Trátase dun viño elaborado coas uvas máis maduras da colleita 2011 e destinado ós novos consumidores. Xa o poden atopar no mercado.

    {flowplayer}images/salnes/NOVO_VINO_MARTIN_CODAX.flv{/flowplayer}

    Con tons maduros, moi goloso e atractivo en boca xunto á perfecta acidez dos albariños de Rías Baixas. Este é Marieta, o novo viño da Adega Martín Códax. Trátase dunha selección das uvas máis maduras da anada 2011. Un caldo, o único semi-seco da denominación, do que inicialmente sacarán ó mercado unhas duascentas mil botellas.

    E ¿como xurdiu a idea de sacar un novo viño ó mercado?. Pois xurde, segundo o director comercial da adega, das tendencias que están aparecendo noutros países onde se buscan caldos máis agradables e non absolutamente secos.

    Un consumidor que se escapa do perfil tradicional que non vai máis aló dos albariños de sempre. ‘Marieta’, pola súa banda, está pensado para os novos destinatarios.

    E nesta esencia de novidade e xuventude enmárcase tamén a elección da marca. ‘Marieta’ non ten un significado especial pero ensalza o que buscaban, un nome fresco e agradable.

    Este albariño ven a sumarse á ampla oferta da adega Martín Códax.

    Redacción Salnés