![]()
A ILLA > O DOG publica hoxe a adxudicación dos traballos que permitirán recuperar todo o contorno da casa consistorial.
A empresa adxudicataria dos traballos, que custarán 179.000 euros, é Sercoysa e os traballos consistirán na pavimentación da zona así como a dotación de servizos de distribución de auga potable, enerxía eléctrica, saneamento e alumeado público. Deste xeito quedará rematado todo o entorno da casa consistorial da Illa que o goberno local quere converter no centro neurálxico do municipio. Ademais a actuación comprende dúas instalacións de gran valor para a Illa, como son o peirao do Pau e o Museo da Conserva.
Obras no Pombal
En Cambados continúan as obras do complexo deportivo do Pombal. Xa remataron as tarefas de dotación da herba sintética no estadio e agora estase facendo o marcado de dous campos de fútbol 7 destinados ós equipos da base do Xuventud. Preto dun cento de rapaces precisan estes recintos para adestrar e competir a nivel comarcal.
O convenio entre a Deputación e o Concello permite habilitar un campo de fútbol de dimensións regulamentarias que se complementan agora cos dous de fútbol 7 que responden á demanda plantexada polos propios clubs e que inclúe novidosos materiais de fibra e recheo. Na superficie do Pombal poderánse practicar ata once deportes, entre eles balonmán, atletismo, natación, ximnasia de mantemento e vela, ademais de culturismo e aerobic e o spa.
O Pombal dispón tamén de vestiarios en tódalas instalacións, extensos espazos de esparcemento e un amplo aparcamento. O Concello apostou forte por estas infraestructuras nas que se investiu arredor de 3 millóns de euros.
Redacción Salnés









