Pontecesures podería ter un tripartito encabezado por Maribel Castro

    presentacionangueira_100_110607__still_004.jpgPONTECESURES > Cada día que pasa complícanse máis as negociacións para formar goberno no Concello de  Pontecesures.

    Esa hipótese ou rumor que corre por Pontecesures é que o candidato socialista, Luis Sabariz, estaría disposto a apoia-la investidura da independente Maribel Castro para que non gobernase Angueira. Sabariz asegurou hoxe que o único certo é que non vai apoiar ó nacionalista, en quen non confía o máis mínimo. Pero de aí a que invistan alcaldesa a Maribel hai un bo treito. luissabariz_200_110607.jpgSabariz asegurou que de ser certas as aspiracións de Maribel, serían demasiado ambiciosas, tendo en conta que é a que menos representación ten na corporación, pero el nunca tivo estas condicións enriba da mesa. Tampouco ten reunión con ela a curto prazo, anque supón que, daquí ó venres, debería haber algunha. En todo caso o socialista está disposto a escoitar ó partido para tomar unha decisión, pero nunca apoiará a investidura de Angueira.

    Non sabe non contesta

    Tampouco o PP contesta sobre un posible pacto co PSOE e Maribel Castro. O candidato popular, Rafael Randulfe, asegura que todo o que se dí estes días polo pobo son son rumores e que non mantiveron ningunha xuntanza con estas agrupacións, polo que non poden respostar sobre un ‘suposto pacto cuxas condicións descoñecen’.  

    Para o BNG as cousas están máis claras. Eles sí cren que existen esas negociacións entre PP, PSOE e Independentes para deixar fora do goberno a Angueira. O viceresponsable da zona, Xosé Manuel Fernández Abraldes, recordoulle hoxe ó PSOE que existe un acordo marco que deben cumprir, deixando claro así por onde deben ir as negociacións. Pero o PSOE ten problemas para facerlle entender ó seu candidato Sabariz os compromisos nacionais. Sabariz coñece o que pasa no concello e non parece disposto a darlle unha posibilidade ó seu maior opositor político.

    Redacción Salnés