![]()
MEIS > Seis anos despois e coa nave industrial xa construída, un grupo de veciños da Goulla, en Meis acaban de recibir unha nova …
{flowplayer}images/salnes/sentencia.flv{/flowplayer}
MEIS > Seis anos despois e coa nave industrial xa construída, un grupo de veciños da Goulla, en Meis acaban de recibir unha nova sentencia xudicial ó seu favor. O tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirma que a licencia outorgada polo Concello de Meis é nula e desestima os recursos presentados polo Concello e propietario da nave industrial, construída nun núcleo rural.
Unha sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirma a nulidade dunha licencia concedida polo Concello de Meis a unha nave industrial no lugar da Goulla. A sección segunda da sala do contencioso administrativo desestima os recursos presentados tanto polo Concello como polo propietario da nave contra a sentencia do Xulgado de Pontevedra. O tribunal apoia os argumentos desa sentencia, que considera evidente que unha nave de 33 por 19 metros e coas características constructivas que ten nata ten que ver coas edificacións situadas nesta zona rural.
Os veciños que iniciaron esta loita xudicial hai seis anos amosaron a súa satisfacción aínda que non as teñen todas consigo. Contra esta sentencia non cabe recurso. En canto ó derrube da nave, desde o Concello de Meis aínda non se pronunciaron ó respecto, á espera de estudiar cos avogados esta última decisión xudicial.
Redacción Salnés







