Cúmprese o prazo dado por Portos para o desaloxo do local de xubilados de Rianxo

RIANXO> O longo proceso xudicial sobre o baixo da confraría de Rianxo escribe os seus últimos capítulos, despois de que a agrupación de xubilados recibira o requirimento para abandonar o local. A pesar de que este martes cumpríase o prazo de quince días para o desafiuzamento, Portos non  procedeu á súa execución. Pase o que pase nos vindeiros días, os xubilados non están dispostos a marchar. Terán que botalos posto que consideran que o uso das instalacións lle pertence de pleno dereito. Tan só estarían dispostos a mudarse a un local similar, situado tamén no centro do pobo e con instalacións accesibles para persoas con mobilidade reducida.