A asemblea do BNG confirma o apoio a Cacabelos

    carlosbesada100_120607.jpgO GROVE > A asemblea do BNG apoia a participación no cuatripartito que levaría á alcaldía ó socialista Cacabelos

    …Sen embargo os nacionalistas piden uns axustes na carteira de Urbanismo, Vivenda e Solo para reafirmar o seu respaldo. Polo tanto, proseguirán as negociacións.

    No Grove segue sen saberse con certeza quen será o novo alcalde, aínda que todo apunta ó socialista José Antonio Cacabelos. Ata agora xa ten o apoio expreso e secundado polas respectivas asembleas, do Partido Galeguista e de Esquerda Unida. Os últimos en pronunciarse foron os nacionalistas. Onte tiveron asemblea e acordaron sumarse ó cuatripartito que levará á alcaldía a Cacabelos.

    Sen embargo este apoio vén con condicións, porque o grupo de Carlos Álvarez Besada pide un reaxuste en Urbanismo, Vivenda e Solo, para que se divida en dúas carteiras. Do que decida o BNG dependerá tamén a posición do Partido Galeguista, que reconsideraría o seu apoio a Cacabelos nunha nova asemblea. O PSOE confía en que todo o proceso termine tan ben como empezou e poder estar á fronte do goberno local nos vindeiros catro anos.

    Redacción Salnés