Catalina González adianta cambios na distribución de concellerías

    catalinagonzalez_100_120607.jpgSANXENXO > O Goberno Municipal agrupará nesta lexislatura Facenda, Economía e Emprego nunha soa carteira

    … Sen embargo, separará Persoal e Seguridade Cidadá de Urbanismo, e creará a área de Obras, ligada a Infraestructuras. Son algúns dos cambios que perfila estes días a alcaldesa en funcións Catalina González.

    A alcaldesa en funcións de Sanxenxo, Catalina González, perfila estes días a composición do seu equipo de goberno para os vindeiros catro anos. A rexedora adiantou que haberá variacións na distribución dalgunhas áreas para optimizar recursos e persoal.

    Os principais cambios céntranse na desaparición da concellería de Relacións Veciñais e na agrupación de Facenda, Economía e Emprego nunha mesma carteira. Ademais, a persoa que se encargue de Urbanismo centrarase nese ámbito, separando así Persoal e Seguridade Cidadá noutra carteira. Tamén creará a área de Obras ligada a Infraestructuras.

    En total serán 8 concellerías, as catro restantes serán Servizos Xerais e Medio Ambiente, Turismo, Xuventude e Deportes e Cultura e Educación. Esta última xa adiantou que seguirá tendo á fronte a Paz Lago. Pola súa banda, Catalina González compaxinará a súa labor de alcaldesa con Servizos Sociais. Ademais, afirmou que tódolos edís serán delegados da súa área.

    Redacción Salnés