NOIA> O concello de Noia celebrará o sábado 13 de xuño a Berberechiña Fest. Trátase dunha xornada lúdica e reivindicativa para visibilizar os dereitos do colectivo LGTBI a través de diversas propostas lúdicas.
A primeira edición da Berberechiña Fest encherá Noia de cor o vindeiro sábado 13 de xuño. A programación desta festa pola diversidade arrancará pasadas as doce da mañá coa lectura do manifesto a cargo de Jerry Noia seguida da festa da tortilla e sesión vermú.
Esta xornada enmárcase nunha programación máis ampla na que o concello colabora con outras entidades e centros educativos para reivindicar a diversidade sexual.
Ademais do seu carácter reivindicativo, a Berberechiña Fest terá tamén unha compoñente social posto que os fondos recadados na festa da tortilla serán destinados á Cruz Vermella.











