RIANXO> O concello de Rianxo rehabilitará o primeiro bloque das antigas vivendas dos mestres para o seu uso social. Destinaranse a persoas en situación de emerxencia ou en risco de exclusión que poderán habitalas de xeito puntual, á espera doutro recurso para garantir o seu benestar. Nesta primeira fase rehabilitaranse catro vivendas e dous baixos que se destinará ó uso puntual por parte de persoas en situación de emerxencia ou risco de exclusión social. Trala desafectación dos bloques, que pasaron da Consellería de Educación á titularidade municipal, o concello concorreu a unha convocatoria de axudas da Xunta que subvencionará o sesenta e cinco por cento do proxecto. Ademais do acondicionamento das vivendas, o proxecto contempla tamén a mellora da contorna exterior, coa dotación dunha zona axardinada. Tras esta primeira actuación que deberá estar finalizada en novembro de 2018, o concello pretende acometer novas fases para ampliar a reserva de vivendas de emerxencia social en Rianxo.
Inicio Barbanza - Muros - Noia