Vilagarcía será a sede permanente da Mostra de Xóvenes Intérpretes

    mostra_130607__100.jpgVILAGARCÍA > Vilagarcía de Arousa acollerá dende a primavera de 2008 a Mostra Musical de Xóvenes Interpretes…

    …que convoca o Eixo Atlántico. Trátase dunha iniciativa que ten como fin premiar, promocionar e difundir a música clásica e o jazz que fan os máis mozos nos municipios que forman parte deste eixo.

    Galicia e o norte de Portugal serán os protagonistas da Mostra Musical de Xóvenes Intérpretes que é xa unha realidade. Neste certame poderán participar todos aqueles estudiantes que cursen estudios en escolas de música ou conservatorios dás cidades e municipios do Eixo Atlántico. Actualmente, estas cidades s0n 18 pero a partir de xaneiro poderían rozar a trintena. Vilagarcía de Arousa será a sede permanente da fase final da mostra musical na que se darán cita dous xéneros moi distintos: a música clásica e o jazz.

    Esta iniciativa esta destinada, segundo Vázquez, a converterse nun dos buques insignia do Eixo Atlántico e loubou a actitude de Javier Gago ó que sinalou como un dos valedores desta idea. A fase final da mostra. que terá unha periodicidade bienal, chegará a Vilagarcía o 15 de abril de 2008 e rematará o 15 de maio. Previamente desenvolveranse dúas fases previas, unha en Galicia e outra en Portugal No certame poderán participar solistas e grupos e terá unha dotación de 1.000 e 2.000 euros respectivamente.

    Redacción Salnés