O GRUMIR de Boiro xa dispón dunha ‘nova e moderna’ sede

    novasedegrumirboiro.jpgBOIRO> O edificio, que está ubicado no polígono industrial de Espiñeira, foi inaugurado esta mañá polo Subdelegado do Goberno na Coruña, Xosé Manuel Pose.

    {flowplayer}barbanza/novasedegrumirboiro.flv{/flowplayer}

    Un bo número de persoas, entre os que se atopaban a práctica totalidade dos membros da corporación municipal, membros doutros servizos de seguridade cidadá e emerxencias da comarca, representantes de comunidades de montes e asociacións veciñais, así como tamén colaboradores, asistiron esta mañá á inauguración da nova sede de Protección Civil e GRUMIR, que está ubicada nun edificio de dúas plantas á entrada do polígono industrial de Espiñeira. O acto inaugural contou coa presenza do Subdelegado do Goberno na Coruña, Xosé Manuel Pose, en representación do Goberno do Estado, ó ser esta Administración a encargada de financiar a obra con preto de douscentos mil euros con cargo ós fondos de investimento local dos anos 2009 e 2010 que neste concello ascenderon ós cinco millóns de euros.

    Importante labor

    Tanto o alcalde, Xosé Deira, coma o tenente de alcalde, Xoán Xesús Ares, destacaron o importante labor que desenvolven Protección Civil e o Grumir ó longo do ano, un servizo segundo eles prioritario para a sociedade. De aí a necesidade de dotalos dun local axeitado e acorde ás súas necesidades diarias.

    Edificio moderno

    O edificio conta cun garaxe de 150 metros útiles, destinado ós vehículos e lanchas de que dispón este servizo, e unha planta superior con outros 260 metros, divididos en dependencias destinadas a distintos usos.

    Redacción Barbanza