BARBANZA> Os patróns maiores de Ribeira, Noia e Rianxo impuxéronse por aplastante maioría ós seus rivais nas urnas. No pósito ribeirense, os membros da candidatura de José Antnio pérez ocupan a totalidade dos postos da xunta xeral o que garante a súa reelección. Situación similar en Noia onde Santiago Cruz conta coa maior parte de apoios nos tres sectores. A pesar da abrumadora maioría a xornada non estivo exenta de polémica en Noia onde varios opositores denunciaron irregularidades no censo, o que lle impediu a varios socios exercer o seu dereito ó voto. A este respecto, o patrón maior en funcións explicou que o listado de socios censados foi publicado nos prazos e tempos establecidos sen que se presentase reclamación algunha. En Rianxo, Miguel Ángel Iglesias seguirá como dirixente do pósito durante catro anos máis ó lograr a súa candidatura dezaoito postos na xunta xeral fronte ós seis da oposición. Menos claras están as cousas noutras confrarías como Cabo de Cruz, A Pobra ou Porto do Son onde os actuais dirixentes non optaban á reelección. En Aguiño, José Antonio Santamaría figura entre os vogais máis votados pero haberá que agardar ó elección do patrón maior para saber se repite no cargo. En Muros repite Daniel Formoso e en Portosín, Iván Carreño conta con moitas papeletas para revalidar o cargo. Aínda así haberá que agardar ata o 25 de outubro cando se resolverá a elección definitiva de patróns e vicepatróns para coñecer a composición final nas novas directivas dos pósitos barbanzáns.
Inicio BARBANZA