‘+Recadiños’, toda a oferta sen saír da casa

RIANXO> Coñecemos hoxe unha iniciativa que está a ter moito éxito en Rianxo. Trátase de ‘+Recadiños’, unha empresa a domicilio que oferta ós seus clientes todo tipo de servizos, dende comida e lavandería, pasando tamén por acompañamento a persoas maiores.

O ritmo de vida actual no que cada vez máis é difícil compatibilizar a vida laboral e familiar, xunto coa situación derivada da covid, foi o nicho de negocio perfecto para que este emprendedor rianxeiro, Sergio Iglesias, decidise  crear a súa propia empresa de servizos. ‘+ Recadiños’ xorde para iso mesmo, darlle ó cliente o que este demande, sen que teña que moverse da súa casa.

E este, o servizo de acompañamento a persoas maiores, é precisamente agora o que máis demanda ten…

Apenas uns meses despois dende o seu comezo, o resultado no pode ser máis positivo.

Polo de agora a súa oferta é só para Rianxo, aínda que non descarta estendela tamén a outros puntos da comarca, xa que a iniciativa está a ter un grande éxito.

Para contactar con el e demandar o servizo que se desexa só hai que chamar ó teléfono 611 699025 ou a través das súas redes sociais: ‘+Recadiños’.