O BNG de Ribeira aposta pola inclusión social e a participación cidadá

    RIBEIRA> O BNG de Ribeira mostrou a súa satisfacción porque dúas das súas principias propostas de goberno, que mesmo se incluían no seu programa electoral, serán aprobadas o próximo luns en pleno. Trátase do regulamento da ordenanza de inclusión social e o de participación cidadá. A pesar de que en varias ocasións na anterior lexislatura os nacionalistas intentaran aprobar estas dúas propostas, non foi posible. A maioría do Partido Popular impediuno. A día de hoxe a situación mudou. O goberno agora en minoría dos populares propiciou este acordo, polo que no pleno do vindeiro luns someterase a súa aprobación, tanto regulamento da ordenanza de inclusión social e o de participación cidadá. Dende o BNG alégranse deste logro. No primeiro dos casos é froito dun traballo cos diferentes axentes sociais, contemplándose medidas como a creación dunha bolsa de vivenda para emerxencia social e tamén a mellora nunha tarxeta moedeiro para casos de asistencia urxente. En canto ó regulamento de participación cidadá, os nacionalistas presentaron tamén dúas emendas co fin de mellorar os dereitos das asociacións e colectivos ó uso dos bens municipais. Ademais de conseguir a rebaixa do número mínimo de sinaturas para que as iniciativas veciñais sexan incluídas na orde do día dos plenos municipais os nacionalistas pretenden que calquera veciña poida intervir directamente nos plenos.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí