Vilagarcía acollerá o partido entre as seleccións galega e cubana de basket

    miguelmendez_selecciongalegabasket_100_130607.jpgVILAGARCÍA > A Selección Galega de Baloncesto Feminino xogará o vindeiro mércores, día 20 de xuño, un partido coa Selección Cubana.

    Alí se darán cita algunhas das mellores xogadoras do basket nacional, entre elas, a vilagarciana Sara Gómez. Pero ademais de Sara estarán a ex xogadora do Extrugasa, Regina Gómez e como fisioterapeuta Miriam Herrera, outra xogadora local moi importante na historia recente do Extrugasa. Precisamente a boa marcha do equipo foi o que levou a pensar en Vilagarcía para este encontro. Así o destacou o adestrador da selección galega, Miguel Méndez, quen asegura que a elección de Vilagarcía é un premio para o Extrugasa Cortega e tamén para a dirección do club, que ven de conseguir un excelente posto na liga e incluso a entrada no europeo, todo un fito na historia do baloncesto local.

    ptac.partidoselecciongalega_300_130607__still_001.jpgAínda así o adestrador recoñece as dificultades que ten enfrentarse a un dos ‘equipos punteiros no mundo’. Méndez descoñece o equipo que traerá Cuba pero asegura que será unha boa plantilla e gañarlle estará complicado, polo que o principal obxectivo é competir. Para iso realizarán dous entrenamentos previos nos que se tentará establece-lo xogo das galegas. Para ve-lo partido, que se xogará o vindeiro mércores ás nove da noite en Fontecarmoa, a organización repartirá 2.000 entradas e porá á venda en taquilla 200.

    Redacción Salnés