Puertas: ‘Discrepo da decisión da comisión de Fomento, pero respéctoa’

    novo_acceso_porto_100_291209.jpgVILAGARCÍA> O presidente da Autoridade Portuaria amósase descontento coa desestimación da proposta de construír un paso inferior ó novo vial de acceso ó Porto.

    {flowplayer}images/salnes/291209_novo_acceso_porto.flv{/flowplayer}

    O presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía marca un punto e aparte no que atinxe ás obras do novo acceso ó porto. Logo de que o pasado 16 de decembro a comisión de Fomento rexeitara no Congreso dos Deputados a execución dun paso inferior á nova vía, Javier Puertas agradece a tódalas instancias políticas e sociais que atenderon á súa proposta o tempo dedicado. Non está dacordo coa decisión tomada pola comisión, pero admite que a respecta e acata.

    Lembramos que a alternativa presentada pola Autoridade Portuaria consistía en abrir un paso inferior paralelo á nova estrada que se está a construir entre o Porto e a AP9. No actual proxecto contémplase a construción dunha rotonda regulada por semáforos na confluencia da rúa Pablo Picasso e a avenida de Cambados. Aquí confluirían os transportes con destino ó porto e o tráfico habitual da cidade.

    A proposta de Portos buscaba precisamente liberar este volume de vehículos e evitar atascos desviando polo nivel inferior os vehículos que vaian ou procedan do porto. A obra implicaría expropiar un garaxe particular, unha vivenda e parte do acceso a outra.

    Pero na comisión de Fomento, o grupo do PSOE coa votación en contra e a abstención do BNG botaron abaixo a proposta. Puertas asegura que aínda non se lle comunicou oficialmente que a alternativa da Autoridade Portuaria fora desestimada. De tódolos xeitos, os socialistas presentaron unha enmenda na que se contempla que, unha vez rematado o actual vial en obras e a rotonda, se estudarán os fluxos de tráfico para elaborar un novo expediente de cara a posible execución do paso inferior.

    Redacción Salnés