Unha trintena de veciños de Baión concéntranse ante o centro de saúde

    baion100_051108.jpgVILANOVA > Varios veciños da parroquia de Baión, en Vilanova, concentráronse esta mañá ás portas do centro de saúde para protestar polos atrasos …

    {flowplayer}images/salnes/baion.flv{/flowplayer}

    VILANOVA > Varios veciños da parroquia de Baión, en Vilanova, concentráronse esta mañá ás portas do centro de saúde para protestar polos atrasos que, segundo eles, lles está a ocasionar o novo servizo telefónico de cita previa implantado polo Sergas. A estas queixas sumáronse o cambio do médico de atención primaria e o mal estado das instalacións médicas.

    Ata sete días teñen que esperar os veciños de Baión para acudir a unha consulta no seu centro de saúde ou solicitar unha receita. O novo servizo telefónico de cita previa está a colapsar o funcionamento do centro e os seus usuarios aseguran non aturalo máis. Co obxectivo de facer oír as súas queixas, concentráronse esta mañá ás portas das instalacións sanitaria.

    Ademais da demora nas citas, o edil da parroquia Miguel Vázquez denuncia o mal estado das instalacións sanitarias. Di que dende que se inaugurou no año 2001 non se fixo ningunha reforma, e que nos días de chuvia caen pingueiras. Para os veciños a situación é xa insostible e ameazan con convocar novas concentracións ante a deputación de Pontevedra ou nas instalacións da Consellería de Sanidade en Santiago. Os veciños de Baión seguirán movéndose ata conseguir que as súas demandas teñan resposta. Para iso, están barallando a posibilidade de solicitar unha entrevista coa Conselleira de Sanidade ou co delegado desta materia en Pontevedra.

    CAMBIO DE MÉDICO

    A estas protestas únese o cambio de médico de atención primaria. Ata hai unha semana este posto era ocupado por Gonzalo Durán, alcalde de Vilanova, pero como non tiña a praza en propiedade, a Xunta decidíu outorgarlla a outro facultativo. A decisión causou indignación entre os veciños e algúns apuntan a que este cambio podería deberse a motivos políticos, xa que Durán, alcalde do Partido Popular, adoita ser moi crítico coas decisións tomadas polo goberno galego. No que si hai máis consenso é na boa atención que prestaba ós pacientes.Gonzalo Durán prefire manterse á marxe da polémica e rexeitou facer declaracións respecto deste tema por consideralo parte da súa vida privada.

    Redacción Salnés